Presentación no castelo de Pambre do libro de Rompente “Que hostia din os rumorosos” (3-7-2021)
O sábado 3 de xullo tivo lugar no castelo de Pambre, despois da inauguración da exposición de Menchu Lamas Vieiros da Cor, a presentación do libro do grupo Rompente Que hostia din os rumorosos, editado por Ed. Elvira, no que participan como ilustradores Antón Patiño e Menchu Lamas.
A presentación contou coa colaboración do Concello de Palas de Rei, o Instituto de Estudos Ulloáns e a editorial Elvira. Presentou o libro o pintor Antón Patiño, seguido dunha creativa escenificación de Antón Reixa, Manuel Romón e Alberto Avendaño.
Que hostia din os rumorosos? consta de catro partes: Derrotas, de Manuel Romón; Carallo29!, de Alberto Avendaño; Room Service, de Antón Reixa, e Rompentes, dos tres autores.