Presentación no castelo de Pambre do libro de Rompente “Que hostia din os rumorosos” (3-7-2021)

O sábado 3 de xullo tivo lugar no castelo de Pambre, despois da inauguración da exposición de Menchu Lamas Vieiros da Cor, a presentación do libro do grupo Rompente Que hostia din os rumorosos, editado por Ed. Elvira, no que participan como ilustradores Antón Patiño e Menchu Lamas.

A presentación contou coa colaboración do Concello de Palas de Rei, o Instituto de Estudos Ulloáns e a editorial Elvira. Presentou o libro o pintor Antón Patiño, seguido dunha creativa escenificación de Antón Reixa, Manuel Romón e Alberto Avendaño.

Que hostia din os rumorosos? consta de catro partes: Derrotas, de Manuel Romón; Carallo29!, de Alberto Avendaño; Room Service, de Antón Reixa, e Rompentes, dos tres autores.

 

Rompente, Que hostia din os rumorosos, Castelo de Pambre, Concello de Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns

Antón Reixa, Rompente, Que hostia din os rumorosos, Castelo de Pambre, Concello de Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns .jpg

IMG-20210703-WA0013

 

 

IMG-20210704-WA0005

Rompente, Que hostia din os rumorosos, Castelo de Pambre, Concello de Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns, 3-7-2021

Novas EFE (3-7-2021)

 

 

 

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn