CONFERENCIA DE XULIO PARDO DE NEYRA NO IES DE MONTERROSO

Conferencia Xulio Pardo de Neyra, IES de Monterroso, Instituto de Estudos Ulloáns

O martes 9 de abril, o filólogo, escritor e historiador Xulio Pardo de Neyra, socio do Instituto de Estudos Ulloáns, impartiu no IES de Monterroso a conferencia “A represión franquista na Ulloa. O caso da familia Ouro”.

A conferencia, que foi seguida con atención polos alumnos/as interesados nesta época da historia de Galicia, encádrase no programa de colaboracións do Instituto de Estudos Ulloáns na Semana cultural do Instituto de Ensinanza Secundaria de Monterroso.

Conferencia Xulio Pardo de Neyra no IES de Monterroso, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn