CONFERENCIA DE XULIO PARDO DE NEYRA NO IES DE MONTERROSO
O martes 9 de abril, o filólogo, escritor e historiador Xulio Pardo de Neyra, socio do Instituto de Estudos Ulloáns, impartiu no IES de Monterroso a conferencia “A represión franquista na Ulloa. O caso da familia Ouro”.
A conferencia, que foi seguida con atención polos alumnos/as interesados nesta época da historia de Galicia, encádrase no programa de colaboracións do Instituto de Estudos Ulloáns na Semana cultural do Instituto de Ensinanza Secundaria de Monterroso.