O IEU nas Festas en honor a San Miguel en Monterroso
O venres 27 de setembro o director/presidente do Instituto de Estudos Ulloáns dará en Monterroso o pregón das Festas patronais en honor a San Miguel.
O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), conforme ao seu obxectivo de contribuír á apreciación da cultura da Ulloa como elemento clave de afirmación de identidade, está presente nas máis importantes feiras comarcais da Ulloa instalando o seu stand de exposición de publicacións, así como en determinadas festas locais desenvolvendo actividades de carácter cultural.
Dado que as Festas patronais de San Miguel, o 29 de setembro, e a Feira de Santos, o 1 de novembro, son as máis importantes manifestacións da identidade da sociedade monterrosina, o IEU participa como entidade cultural de relevancia comarcal en diferentes actos en ambas celebracións na vila de Monterroso.