O IEU nas Festas en honor a San Miguel en Monterroso

O venres 27 de setembro o director/presidente do Instituto de Estudos Ulloáns dará en Monterroso o pregón das Festas patronais en honor a San Miguel.

O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), conforme ao seu obxectivo de contribuír á apreciación da cultura da Ulloa como elemento clave de afirmación de identidade, está presente nas máis importantes feiras comarcais da Ulloa instalando o seu stand de exposición de publicacións, así como en determinadas festas locais desenvolvendo actividades de carácter cultural.

Dado que as Festas patronais de San Miguel, o 29 de setembro, e a Feira de Santos, o 1 de novembro, son as máis importantes manifestacións da identidade da sociedade monterrosina, o IEU participa como entidade cultural de relevancia comarcal en diferentes actos en ambas celebracións na vila de Monterroso.

programa festas San Miguel Monterroso 2019, Concello de Monterroso, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn