Apoio do IEU a actos doutras entidades

Un dos obxectivos do Instituto de Estudos Ulloáns é a colaboración con asociacións culturais e institucións tanto comarcais como de toda Galicia, participando como entidade ou ben con intervencións persoais en representación do Instituto.

O 25 de novembro de 2023 o directivo do IEU, Xosé Luis Santiso, participou, en representación do IEU, na Marcha en contra da Violencia de Xénero organizada polo Concello de Antas de Ulla.

Marcha contra violencia de xénero 25 N Antas de Ulla

 

E tamén o sábado 25 de novembro a filóloga, historiadora e directiva do IEU, María José Gómez Alvite, participou como poeta, e como representante do IEU, no III Recital Poético Musical SOS Castelo de Navia organizado pola A V Irmandade Naviega coa colaboración do Concello de Navia de Suarna. Coa participación de poetas chegados de toda Galicia, o acto contou coa actuación musical dos nosos bos amigos o poeta e escritor Toño Núñez e o músico Xosé Manuel do Castro, aos que tivemos a ocasión de escoitar en varios actos organizados polo IEU na Ulloa.

María José Gómez AlviteA poeta María José Gómez Avite nos III Encontros poéticos SOS Castelo de Navia

Toño Núñez e Xosé manuel do CastroActuación musical de Toño Núñez e Xosé Manuel de Castro

III recital poetico musical SOS Castelo de Navia

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn