Apoio do IEU aos afectados de SQM
O venres 24 de maio de 2019 o Instituto de Estudos Ulloáns acompañou, ao seu paso pola Ulloa, aos afectados de Sensibilidade Química Múltiple que realizaban a súa peregrinación a Compostela polo Camiño Francés.
A primeira hora da mañá recibiron aos peregrinos en Palas de Rei no acto organizado polo alcalde, Pablo Taboada, na Casa do Concello. Seguidamente, varios socios e socias do Instituto de Estudos Ulloáns acompañaron aos afectados por SQM no tramo de Camiño de Palas de Rei a Melide, onde Francisco Pardo despediunos cun Salutatem Peregrinorum en nome do IEU.
Posteriormente, o martes 28 de maio varios socios/as do IEU acompañaron novamente aos afectados de SQM no seu percorrido dende o Monte do Gozo ata a súa entrada na Praza do Obradoiro en Compostela.