Apoio do IEU á candidatura da Comarca da Ulloa ao Plan de Sostibilidade Turística en Destinos

Directivos do Instituto de Estudos Ulloáns asistiron o día 4 de marzo de 2023, no castelo de Pambre (Palas de Rei), á presentación da candidatura da Deputación de Lugo aos fondos mobilizados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para o Plan de Sostibilidade Turística da Comarca da Ulloa, á que o IEU, xunto con outras asociacións culturais da comarca, mostrou o seu apoio. Na documentación da candidatura enviada ao Ministerio foi engadida como anexo a memoria de actividades do IEU 2019-2022.

A candidatura foi presentada polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, coa asistencia de Pilar García Porto, responsable da Área de turismo da Deputación, do teniente alcalde de Palas de Rei, e da alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas.

Ver en Youtube

 

presentacion candidatura Plan Turismo sotenible, castelo de pambre

 

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn