Celebración de “A Noite das Donas”, Vilar das donas (Palas de Rei) 23/7/2022

O sábado 23 de xullo de 2022 ás 20,30 h celebrouse a NOITE DAS DONAS 2022, espectáculo audiovisual con relatorios, música, proxeccións e visita nocturna, co que colabora o IEU e que organiza  a asociación Orde dos Cabaleiros e Donas do Priorato de Vilas das Donas Os Lobos, na igrexa de San Salvador de Vilar das Donas (Palas de Rei), en colaboración con grupos de teatro e musicais e outras asociacións culturais.

 Iniciouse o acto cos relatorios da profesora de filosofía Zeltia Lara, do escritor Xosé Luis Otero e da historiadora do IEU María José Gómez Alvite. A actuación musical correspondeulle ao grupo Sonámbulum, con Manuel Escariz na guitarra, Lúa Aguete na percusión e a voz de María Pardo. Finalizou cunha proxección no adro da igrexa.
A noite das Donas 2022, María José Gómez Albite, Instituto de Estudos Ulloáns
 Intervención da historiadora do IEU María José Goméz Alvite na igrexa de San Salvador de Vilar das Donas. (De esq. a der.: Xosé Luis Otero, María José Gómez Alvite, Zeltia Laya e Xosé Manuel Pérez Paredes, organizador do acto)

 

A NOITE DAS DONAS 2022

 

Vilar de Donas reivindica o seu espazo no camiño, El Progreso 25-7-2022

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn