Celebración do Día das Letras Galegas 2024 no castelo de Pambre (17/5/2024)
O venres 17 de maio de 2024 ás 18 h. o Instituto de Estudos Ulloáns celebrou no castelo de Pambre o Día das Letras Galegas na honra de Luisa Villalta nun acto organizado pola Sección de Filoloxía do IEU e coordinado por Fernando García Penas e Braulio Vilariño.
Programa:
1.- Presentación coa intervención de Francisco Pardo, director do IEU .
2.- Dous poemas musicados interpretados pola acordeonista meirense Marisa Dapereira e polo poeta naviego Toño Núñez.
3.- Relatorio da filóloga Andrea Santiso en torno á figura literaria de Luisa Villalta.
4.- Recitado de poemas. Recitarán un poema propio e un poema ou texto en prosa de Luisa Villalta: Fernando García Penas, Xosé Lois García, M. J. Gómez Albite, Paco Ledo, Toño Núñez, Xosé Luis Otero Cebral, Xosé Luis Santiso, Ana Vila Portomeñe e Braulio Vilariño.
5.- Tres cancións ou poemas musicados interpretados por Marisa Dapereira e Toño Núñez.
6.- Despedida a cargo de Fernando Garcia Penas, coordinador da Sección de Filoloxía do IEU.
