Celebración do Día das Letras Galegas no castelo de Pambre (16 maio 2026)
O sábado 16 de maio ás 12,00 h celebrarase no castelo de Pambre (Palas de Rei) o Día das Letras Galegas dedicado en 2026 á escritora e xornalista Begoña Caamaño, nun acto coordinado por Fernando García Penas e Andrea Santiso, coa colaboración de Braulio Vilariño.
Programa:
1.- Presentación.
2.- Actuación musical de María Pacior e Lúa Aguete.
3.- Relatorio en torno a Begoña Caamaño por Andrea Santiso.
4.- Lectura de textos de Begoña Caamaño por Braulio Vilariño e Fernando Garcia Penas. E recitado de poemas pola poeta Fe Núñez.
5.- Actuación de María Pacior e Lúa Aguete




