Ciclo de conferencias Vivir Saudablemente

     Cartel_vivir_saudablementeO sábado 16 de abril o Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) inicia o seu Ciclo de conferencias Vivir saudablemente coa conferencia “Coidemos o noso cerebro. Pautas para retrasar a súa deterioración” que impartirá a Dra. Carmen Rodríguez del Toro, psiquiatra Xefa da Sección do Servizo de Psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

     Integran este ciclo unha serie de conferencias sobre saúde, organizadas polo IEU e subvencionadas polo Concello de Antas de Ulla, de carácter divulgativo, dirixidas ao público en xeral e que terán lugar na Casa da Cultura de Antas de Ulla desde o mes de abril ata o de xullo de 2016.

     Nas restantes conferencias do ciclo, impartidas por dous médicos de Atención Primaria e unha psicóloga, abordaranse diferentes temas referidos á saúde. O sábado 7 de maio o Dr. Bernardino Pardo Teijeiro  falará sobre o “Documento de instrucións previas. Como ser autónomo ao final da vida”; o sábado 4 de xuño, intervirá a psicóloga  Patricia Vázquez Batán coa conferencia “Coidarse para coidar: Recursos para o coidado saudable dos nosos maiores”, e finalmente o sábado 2 de xullo  a Dra. Dolores Basanta González centrará a súa exposición na medicalización coa conferencia titulada “Medicalizando a vida. En que axudan os médicos?”.

 

Enlace ao evento: Coidemos o noso cerebro

 

3_Cartel_ser_autonomo_final_vida4_Cartel_coidarse_para_coidar5_Cartel_medicalizando_a_vida

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn