Colaboración do IEU co programa Todocosmos
O luns 17 de setembro o Instituto de Estudos Ulloáns, xunto co Concello de Monterroso, participou como colaborador na Observación astronómica realizada polo Observatorio Ramón Aller da Universidade de Santiago dentro do programa Todocosmos, co que se pretende achegar a ciencia da astronomía ao público en xeral.
A observación, coordinada pola socia do IEU Hilda García Cabanas e a que asistiron preto de 100 persoas, comezou ás 21,30 e rematou ás 23,30 h. A través dos telescopios instalados no antigo campo da feira, o público asistente puido contemplar a lúa e os planetas do sistema solar, acompañado polas explicacións dos expertos do Observatorio de Santiago que mostraron ademais as estrelas e constelacións visibles nesa noite de setembro.
Fotografía tomada en Monterroso por J. Angel Mourenza co telescopio instalado polo Observatorio Ramón Aller da USC