Comunicado Conxunto do Concello de Monterroso e o IEU. “Monterroso, a vila das feiras” artigo de Maria José Gómez Alvite (La Voz de Galicia 22/11/2020)

O domingo 22 de novembro de 2020 foi publicado en La Voz de Galicia un comunicado conxunto do Concello de Monterroso e do Instituto de Estudos Ulloáns, artigo que leva por título “Monterroso, a vila das feiras” e cuxa autora é a historiadora María José Gómez Alvite, que contou coa colaboración de Rocío Seijas Vázquez, alcaldesa de Monterroso, e Francisco Pardo Teijeiro, director do IEU.

No seu artigo, María José Gómez Alvite fai referencia á intervención decisiva do IEU na doazón de Don Carlos Méndez, historiador e párroco de Monterroso, da súa ampla colección museística para a creación dun museo de ámbito comarcal e de proxección nacional.

Nace así o Museo de Monterroso, un complexo museístico do que son cotitulares o Concello e o Instituto de Estudos Ulloáns e que consta de dúas grandes instalacións: o Museo Carlos Méndez e o Centro de Interpretación das Feiras.

A historiadora do IEU demostra e xustifica sobradamente neste artigo a necesidade da creación dun Centro de Interpretación das Feiras en Monterroso (a vila das Feiras), que queda vinculado ao Museo de Monterroso para garantir o seu funcionamento e viabilidade.

 

Comunicado Concello de Monterroso e Instituto de Estudos Ulloáns, María José Gómez Alvite, La Voz de Galicia 22-11-2021

(La Voz de Galicia, 22/11/2020)

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn