Conferencia de Vicente Feijóo sobre toponimia de Galicia

Conferencia de Vicente Feijoo, IES Monterroso, Instituto Estudos Ulloáns 2

O venres 12 de abril, o filólogo Vicente Feijóo, coordinador de toponimia da Real Academia Galega, impartiu no IES de Monterroso unha conferencia sobre toponimia de Galicia organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns como colaboración co centro educativo monterrosino na súa Semana Cultural.

Con esta conferencia o IEU pretende divulgar e acadar colaboracións para levar a cabo o rexistro da toponimia do concello de Antas de Ulla, xa que a de Monterroso e Palas de Rei xa foi recollida con anterioridade.

Vicente Feijoo, IES Monterroso, Instituto Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn