Conferencia sobre biodiversidade en Arqueixal

O sábado 12 de maio, no parladoiro da granxa de ecoagroturismo Arqueixal, en Santiago de Albá (Palas de Rei), a doutora en bioloxía Sandra Goded, socia do Instituto de Estudos Ulloáns e responsable da asociación Quercus Sonora, impartíu a conferencia “Efectos de prácticas agrícolas e forestais sobre a biodiversidade na comarca da Ulloa”, baseada na súa tese doutoral na que comparou as diferencias en biodiversidade, por unha parte entre o bosque autóctono da Ulloa e as plantacións de eucalipto, e por outra entre as prácticas agrícolas tradicionais e as ecolóxicas.

Explicou a doutora Goded aos numerosos asistentes á charla que a 15 anos o bosque autóctono é un 60% máis rendible que as plantacións de eucalipto, e que a biodiversidade é maior tanto no bosque autóctono como nas explotacións agrícolas ecolóxicas.

Finalizada a conferencia, a queixería Arqueixal invitou aos asistentes a unha visita ás súas instalacións e a unha degustación dos seus produtos ecolóxicos.

SAM_6703

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn