Conferencia sobre o patrimonio natural e cultural do Monte Farelo (29 xullo 2023)
O sábado 29 de xullo, organizada pola Comisión Monte Farelo do Instituto de Estudos Ulloáns, impartirase na igrexa románica de San Xoán de Antas de Ulla a conferencia Monte Farelo: patrimonio natural e cultural.
Coordinan o acto os historiadores Xulio Cuba e Sinda Vilameá, veciños de A Somoza (Monte Farelo, Antas de Ulla), e impartirán a conferencia o antropólogo Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do pobo Galego, e o xeólogo Felipe Fernández Martínez.