Conferencias de María Jose Gómez Alvite e de Fernando Salgado

Foto-1_webO sábado 29 de xullo ás 20 horas, no Salón de actos do Auditorio Municipal de Monterroso, e como acto de inicio da Feira dos Bicos 2017, a coordinadora da sección de Historia do Instituto de Estudos Ulloáns, a filóloga e historiadora María José Gómez Alvite, impartiu a conferencia “A Feira na prensa nos anos 60 e 70“, baseada na súa investigación sobre a presencia da feira de Monterroso na hemeroteca provincial, concluíndo que, por diferentes e intencionadas razóns, apenas se fixo publicidade da mesma na prensa lucense da época. Seguidamente  o coordinador da sección de economía de IEU, o economista e xornalista Fernando Salgado, ofreceunos unha conferencia sobre as grandes posibilidades de desenvolvemento  económico da Ulloa a comezos do século XX en relación ás feiras e ao proxecto da creación da  liña de ferrocarril que uniría Lugo con Pontevedra, con varias paradas na comarca, que facilitaría a comercialización dos produtos do agro. Finalizou a acto do primeiro día da Feira dos Bicos 2017 coa intervención musical do grupo “Comando curuxás”, do que é membro Pablo Pardo, socio do IEU e presidente da asociación “25 Xastres”, organizadora desta Feira. O domingo 30 de xullo, das 11 h  ás 21,30 h. continuaron as variadas actividades da Feira dos Bicos programadas en Monterroso, na Praza do alcalde Antonio Rojo Losada, na que participaron animadamente numerosas persoas procedentes de toda a comarca, gran parte delas ataviadas con indumentaria vintageFoto-2_web Foto-3_web

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn