Corcosendo, un proxecto alén da Ulloa

Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa, o proxecto da Sección de Audivisuais do IEU impulsado e coordinado por Patricia Coucheiro, coa colaboración de Sara Coello, Antía Montes e Susana Varela,  ten como obxectivo recuperar e divulgar a memoria de moitas das costureiras que ao longo do século pasado existiron na Ulloa.

Web do proxecto Corcosendo

Foi presentado o 23 de decembro de 2023 na igrexa románica de Vilar de Donas (Palas de Rei) coa inauguración da exposición multidisciplinar e transmedia Corcosendo: a memoria das costureiras da Ulloa, unha mostra fotográfica de 33 retratos de mulleres relacionadas co oficio da costura na Ulloa, intervidos pola artista téxtil Verónica Ramilo, e diferentes intervencións artísticas: a performance de Helena Salgueiro, a estrea dunha videocreación do cineasta Xabier Mailán, e a actuación do grupo Zoelas , que interpretou un tema inédito composto especificamente para este proxecto.

Presentación de Corcosendo en Vilar de Donas, 23/12/2023 

Video presentación de Corcosendo

O proxecto Corcosendo foi seleccionado entre proxectos de toda España polo Instituto de las Mujeres (Ministerio de Igualdade), que lle concedeu unha subvención en 2023.

Corcosendo tivo unha gran repercusión nos medios. Destaca a entrevista que en  Radioactivas Radio 5  o 20/3/2024 realizaron a Ana Varela, subdirectora de proxectos do Instituto de las Mujeres, e a Patricia Coucheiro.

Programa RNE RadioaCTIVASXuntas, corcoséndonos. Costureiras. A memoria da Ulloa nunha máquina de man’

El Progreso: “As artistas que fiaron A Ulloa”

Cadena Ser: ‘Corcosendo’, o proxecto nacido na Ulloa que recolle e revaloriza a memoria das costureiras

O 18 de maio de 2024 foi inaugurada a exposición Corcosendo: a memoria das costureiras da Ulloa na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo coa presntación do proxecto e da aplicación móbil de xeolocalización “Arquitecturas da Memoria” . 18 de maio a 31 de Xullo de 2024.

Corcosendo no Pazo de San Marcos

O 30 de maio Patricia Coucheiro e Susana Varela presentaron Corcosendo nas XXII Xornadas Pedagóxicas organizadas pola Rede de Museos Provincial de Lugo (RMPL) 29 3 30 de maio de 2024.

O 5 de xuño Patricia Coucheiro presentará Corcosendo no VII Foro de Cultura e ruralidades organizado polo Ministerio de Cultura en Torrosa (Terres de l´Ebre, Tarragona) nos días 4, 5 e 6 de xuño de 2024.

O libro CORCOSENDO. A MEMORIA DAS COSTUREIRAS DA ULLOA, editado por Numax, será presentado a finais de 2024 no castelo de Pambre (Palas de Rei).

 

Proxecto Corcosendo, Instituto de Estudos Ulloáns, Vikar de Donas, Dec 2023

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn