Presentación do proxecto “Corcosendo” en Vilar de Donas, 23/12/2023

O sábado, día 23 de decembro foi presentado, na Igrexa de Vilar de Donas o proxecto Corcosendo organizado dende a Sección de Audivisuais do Instituto de Estudos Ulloáns, impulsado e coordinado por Patricia Coucheiro, e do que son comisarias Patricia Coucheiro, Sara Coello, Antía Montes e Susana Varela.

Inicouse o acto ás 12 h coa intervención de Patricia Coucheiro presentando o proxecto e á inauguración, no adro igrexa de Vilar de Donas, da exposición multidisciplinar e transmedia Corcosendo: a memoria das costureiras da Ulloa, que ofrece unha mostra fotográfica de 33 retratos de mulleres relacionadas co oficio da costura na Ulloa, intervidos pola artista téxtil Verónica Ramilo.

Unha vez acomodado o público no interior do templo, para o que se contou coa colaboración de voluntarios do IEU, deuse paso ás intervencións artísticas: unha suxestiva performance de Helena Salgueiro, a estrea dunha videocreación do cieneasta Xabier Mailán, e a actuación do grupo Zoelas , que interpretou un tema inédito composto especificamente para este proxecto.

Interviñeron no acto Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei; Pilar García Porto, responsable da área de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo; Braulio Vilariño, galerista e directivo do IEU; Ana Pérez Valdés, deseñadora e investigadora asturiana; e as catro comisarias do proxecto, que foron presentando cada unha das actuacións.

O libro do proxecto, con prólogos de Olga Novo e Ana Pérez Valdés, e a aplicación para o móbil adaptada a Corcosendo que no futuro formarán tamén parte de ‘Corcosendo’.

Vídeo da presentación de Corcosendo

Proxecto Corcosendo 2, Vilar de Donas, Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns,Inicio do acto coa intervención de Patricia Coucheiro, coordinadora e impulsora do proxecto Corcosendo

Proxecto Corcosendo 3, Vilar de Donas, Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns

Proxecto Corcosendo 4, Vilar de Donas, Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns,Exposición fotográfica de 33 retratos de mulleres intervidos pola artista téxtil Verónica Ramilo

Proxecto Corcosendo 5, Vilar de Donas, Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns          Performance de Helena Salgueiro inspirada nas costureiras da Ulloa

Video da performance de Helena Salgueiro

 

Proxeccion videocreación de Xabier Mailán, Proxecto Corcosendo 6, Vilar de Donas, Palas de Rei, Instituto de Estudos UlloánsProxección da videocreación do cineasta asentado na Ulloa, Xabier Mailán

Actuación de Zoelas, Proxecto Corcosendo, Instituto de Estudos Ulloáns, Vilar de Donas                                                              Actuación musical do grupo Zoelas

Video da actuación de Zoelas

 

Proxecto Corcosendo, Vilar de Donas, Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns, 1De esq. a der.:  Braulio Vilariño, Pablo Taboada, Pilar García Porto, Ana Pérez Valdés e Patricia Coucheiro, nas súas intervencións

Proxecto Corcosendo, Instituto de Estudos Ulloáns, Vikar de Donas, Dec 2023
ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn