Presentación de Corcosendo no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo (18/5/2023)
O 18 de maio de 2024 ás 12,00 h tivo lugar a inauguración no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo a exposición do proxecto do Instituto de Estudos Ulloáns Corcosendo, co seguinte programa:
12:00 Performance de Helena Salgueiro
12:15 Presentación do proxecto, coas intervencións de Iria Castro, responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo; Encarna Lago, xestora da Rede de Museos provinciais; Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns; e Susana Varela, copromotora do proxecto e coordinadora da exposición.
12:30 – 12:45 Interpretación do tema Corconsedo de Zoelas e visita á exposición
12:45 – 13:30 Presentación da aplicación “Arquitecturas da memoria” e percorrido polas rúas de Lugo no que se recuperou a memoria oral do oficio da costura parándose a escoitar as voces das súas protagonistas en espazos clave da cidade vinculados con seu oficio.
Corcosendo, impulsado pola sección de Audiovisuais, Fotografía e Arquivo Fotográfico e Fonográfico do Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) e comisariado por Patricia Coucheiro, Susana Varela, Sara Coello e Antía Montes, é un proxecto antropolóxico-artístico destinado a recuperar a memoria oral da Comarca da Ulloa, centrándose no importante papel que o oficio da costura xogou na vida das mulleres da rexión.
A través de entrevistas persoais rexistrouse a memoria das costureiras e isto inspirou a creación de diversas iniciativas artísticas e culturais. A mostra na sala de Exposicións do Pazo San Marcos comprende a instalación de máis de 30 fotografías de costureiras intervidas pola artista téxtil Verónica Ramilo, acompañadas por fragmentos textuais dos seus testemuños. A videoproxección de Xabier Mailán “As mans núas de quen nos vestiu” complementa audiovisualmente a exposición.
O proxecto inclúe “Arquitecturas da Memoria”, unha iniciativa dinamizada polo Colectivo Agrocuir, a Cooperativa Indaga e a Aula das artes da Universidade Carlos III, coordinada por Carlos López Carrasco coa colaboración de Candela Morado. Esta aplicación móbil de xeolocalización permítenos explorar as rúas do centro de Lugo, revivindo a memoria oral da costura. Invítanos a deternos a escoitar as voces das súas protagonistas en puntos da cidade relacionados co oficio.
A exposición permanecerá aberta ata o 31 de xullo.
Máis información en:
Web do proxecto
Rede Museística Provincial de Lugo
Corcosendo nos medios
De esq. a der.: Encarna Lago, xestora da Rede de Museos provinciais; Iria Castro, responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo; Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns; e Susana Varela, copromotora do proxecto e coordinadora da exposición.
Performance de Helena Salgueiro
Zoelas interpretando a súa composición Corcosendo
Aplicación web “Arquitecturas da memoria”