Presentación de Corcosendo no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo (18/5/2023)

O 18 de maio de 2024 ás 12,00 h tivo lugar a inauguración no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo a exposición do proxecto do Instituto de Estudos Ulloáns  Corcosendo, co seguinte programa:

12:00 Performance de Helena Salgueiro
12:15 Presentación do proxecto, coas intervencións de Iria Castro, responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo; Encarna Lago, xestora da Rede de Museos provinciais; Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns; e Susana Varela, copromotora do proxecto e coordinadora da exposición.
12:30 – 12:45 Interpretación do tema Corconsedo de Zoelas e visita á exposición
12:45 – 13:30 Presentación da aplicación “Arquitecturas da memoria” e percorrido polas rúas de Lugo no que se recuperou a memoria oral do oficio da costura parándose a escoitar as voces das súas protagonistas en espazos clave da cidade vinculados con seu oficio.

Corcosendo, impulsado pola sección de Audiovisuais, Fotografía e Arquivo Fotográfico e Fonográfico do Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) e comisariado por Patricia Coucheiro, Susana Varela, Sara Coello e Antía Montes, é un proxecto antropolóxico-artístico destinado a recuperar a memoria oral da Comarca da Ulloa, centrándose no importante papel que o oficio da costura xogou na vida das mulleres da rexión.

A través de entrevistas persoais rexistrouse a memoria das costureiras e isto inspirou a creación de diversas iniciativas artísticas e culturais. A mostra na sala de Exposicións do Pazo San Marcos comprende a instalación de máis de 30 fotografías de costureiras intervidas pola artista téxtil Verónica Ramilo, acompañadas por fragmentos textuais dos seus testemuños. A videoproxección de Xabier Mailán “As mans núas de quen nos vestiu” complementa audiovisualmente a exposición.

O proxecto inclúe “Arquitecturas da Memoria”, unha iniciativa dinamizada polo Colectivo Agrocuir, a Cooperativa Indaga e a Aula das artes da Universidade Carlos III. Esta aplicación móbil de xeolocalización permítenos explorar as rúas do centro de Lugo, revivindo a memoria oral da costura. Invítanos a deternos a escoitar as voces das súas protagonistas en puntos da cidade relacionados co oficio.

A inauguración da exposición tivo lugar o dia 18 de maio co seguinte programa:

12:00 Performance de Helena Salgueiro
12:15 Presentación do proxecto, coas intervencións de Iria Castro, responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo; Encarna Lago, xestora da Rede de Museos provinciais; Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns; e
12:30 – 12:45 Interpretación do tema Corconsedo de Zoelas e visita á exposición
12:45 – 13:30 Presentación da aplicación “Arquitecturas da memoria” e percorrido polas rúas de Lugo no que recuperaremos a memoria oral do oficio da costura parándonos a escoitar as voces das súas protagonistas en espazos clave da cidade vinculados con este oficio.

Máis información en:
Web do proxecto
Rede Museística Provincial de Lugo
Corcosendo nos medios

Inauguración exposición Corcosendo, Pazo de San Marcos, Lugo, IEU
De esq. a der.: Encarna Lago, xestora da Rede de Museos provinciais; Iria Castro, responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo;  Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns; e Susana Varela, copromotora do proxecto e coordinadora da exposición.

IMG-20240520-WA0001

IMG-20240520-WA0002

56
Performance de Helena Salgueiro

Zoelas, Pazo de San Marcos, 18-5-2024
Zoelas interpretando a súa composición Corcosendo

IMG-20240520-WA0005
Aplicación web “Arquitecturas da memoria”

Exposición Corcosendo, Pazo de San Marcos, Deputación Lugo, Rede Museística Provincial, Instituto de Estudos Ulloáns

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn