A Deputación de Lugo presenta o proxecto do Parque Central de Galicia

O mércores 31 de marzo de 2021 o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, convocou ao alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, e ao director do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo, para explicarlles o proxecto da Deputación de creación do Parque Central de Galicia no Centro Xeográfico de Galicia, que como sabedes está situado na aldea de Nugallás, no concello de Antas de Ulla.

Nas reunións, nas que participou tamén Pilar Garcia Porto, Delegada de Turismo e promotora desta intervención no Centro Xeográfico, foron mostrados planos e perspectivas deste prometedor proxecto que ten como obxectivo crear un gran espazo público de ocio, cultura e natureza que contribúa á dinamización social e económica do concello de Antas sw Ulla e da comarca da Ulloa.

A presentación ao público terá lugar o día 17 de abril en Antas de Ulla.

Pódese consultar a nova nos enlaces

https://www.youtube.com/watch?v=_zPWcGfJwlU

https://www.elprogreso.es/articulo/ulloa-melide/diputacion-presentara-17-abril-proyecto-parque-central-galicia-antas-ulla/202103312149571494750.html

Pilar García Porto, José Tomé e Francisco Pardo na Deputación de Lugo, presentación do Parque Central de Galicia

Pilar García Porto (Delegada de Turismo da Deputación), José Tomé (presidente da Deputación de Lugo) e Francisco Pardo (director do IEU) no pazo de San Marcos, na presentación do Parque Central de Galicia

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn