Día da Agra na Eira (18/4/2026)
O sábado 18 de abril a Fundación Eira celebrará o Día da Agra, cun roteiro polo patrimonio cultural e natural de Antas de Ulla acompañados por Francisco Pardo, director do IEU, e pola tarde, na Eira da Xoana, actividades culturais coas actuacións de Fran Rei e Tradivivas Agra e a presentación do libro de Carlos Miguélez “As Terras máxicas de Barazón”.





