Documental “Lembranzas de Lorenzo Varela” (2005)

 

Guión, dirección e produción executiva: Xan Leira
Produción: Diana Reiter
Música: Jorge Olivera
Edición: Fausto Carrascosa
Locución: Luís Igrexa
Sinopse: Crónica audiovisual da vida e obra do escritor monterrosino Lorenzo Varela Vázquez (A Habana 1916-Madrid 1978).

Unha boa selección de material audiovisual e de testemuñas de persoas próximas á obra e figura de Lorenzo Varela, editados con gran sentido do ritmo transpórtannos pola apaixonante traxectoria vital e artística do autor de “Lonxe”.
Cunha estrutura convencional que segue cronolóxicamente o nacemento, evolución e contexto histórico de Lorenzo Varela, Xan Leira sabe manter o interese e o resultado é  unha peza honesta e áxil.
Un axustado acompañamento musical culmina coa canción “Roi Xordo” (poema de Lorenzo Varela musicado por Ramiro Suárez)  interpretada pola Quenlla, chegando a un final emotivo que resalta o esquecemento, o abandono e o menosprezo de que foi obxecto ao seu regreso do exilio.
En definitiva, unha obra sobre a soidade do exiliado.

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn