O IEU en Navia de Suarna (I encontro IEU-AVIN 29/7/2022)

    O venres 29 de xullo de 2022 o Instituto de Estudos Ulloáns participou en Navia de Suarna no I ENCONTRO IEU-AVIN, invitado pola A.V. Irmandade Naviega, asociación que preside Toño Núñez, escritor e poeta naviego vinculado tamén á comarca da Ulloa.
   O obxectivo deste primeiro encontro foi a posta en valor do rico patrimonio de Navia de Suarna e a solidariedade coa asociación naviega na súa solicitude de rehabilitación e recuperación do castelo de Navia para usos culturais.
   Pola mañá os directivos de AVIN organizaron unha visita guiada pola fermosísima vila de Pobra de Navia, a contorna do castelo, o paseo fluvial, a igrexa de Barcia e un xantar de irmandade na acolledora Casa Quiñones.
    Pola tarde celebrouse, no salón de plenos do concello, unha xornada de debate centrada no castelo de Navia e no que participaron José Fernández, alcalde de Navia; os arquitectos lucenses Jorge Salvador e Manuel López, do Gabinete de Arquitectura e Urbanismo GAU, responsable da rehabilitación do castelo de Pambre; José Luís Martín Palacín, xornalista e activista sociocultural; Toño Núñez, director da AV Irmandade Naviega; e Francisco Pardo, director do IEU, e Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do IEU, que presentaron un relatorio sobre a actividade cultural desenvolvida polo Instituto de Estudos Ulloáns no castelo de Pambre.
 O Instituto de Estudos Ulloáns en Navia de Suarna, El Progreso 30-7-2022

Membros do Instituto de Estudos Ulloáns e da AV Irmandade Naviega na Pobra de Navia

 

IMG20220729121823_BURST000_COVER (1)

IMG20220729130650 (1)

IMG-20220730-WA0001

IMG-20220730-WA0005

IMG-20220730-WA0000

 

I encontro IEU AVIN, Navia de Suarna, 29 xullo 2022

 

I encontro IEU AVIN, Navia de Suarna, 29-7-2022

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn