Excursión botánica á aba sur-oriental do Careón (Palas de Rei) 8-4-2023
O sábado 8 de abril, o biólogo e consultor medioambiental Xurxo Mouriño guiaranos nunha nova botánica do programa Flora da Ulloa, nesta ocasión polo vale do Rego das Pías, na aba sureste do Careón. Esta serra habitualmente depáranos unha riqueza de plantas forestais moito maior que a das serras do Farelo ou da Vacaloura, e algunha sorpresa botánica, sempre coa característica favorable do substrato serpentinítico. Sairase desde a estrada nacional por riba de Sáa en dirección cara ao norte, sen grandes desniveis.
