Excursión botánica ao Monte da Lagoa de Vacariza (Remonde, Palas de Rei) 30/9/2023

Para o sábado 30 de setembro o biólogo e consultor medioambiental Xurxo Muriño organiza unha nova excursión botánica dentro do proxecto Flora da Ulloa. Nesta ocasión percorrerase o Monte da Lagoa da Vacariza, encharcamento que seca no verán.
Fora unha excursión programada para o día 17 de setembro, que non se chegou a convocar polas previsións de treboadas. Desta volta mudaranse ribeiras por matogueiras e espazos abertos, coa particularidade dos afloramentos serpentiníticos que acollen varias plantas únicas ou case únicas en Galicia que florecen nestas datas (non son os catro famosos endemismos exclusivos da área).

 

 

Excursión Flora da Ulloa 13ª 2023, 30-9-2023, Lagoa de Vacariza, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn