Excursión botánica ao Monte de Fufín, Monterroso (6/11/2021)

O sábado 6 de novembro, dentro do proxecto Flora da Ulloa coordinado polo biólogo Xurxo Mouriño, terá lugar a 9ª excursión botánica de 2021. Visitaranse o monte de Fufín e os altos lindantes con Pedraza e Vilareda (Coto da Mira, Alto da Filgueiriña e Monte Querimado), a 657 m de altitude e que permiten unha boa vista panorámica do suroeste da Ulloa. E coa mesma, veranse hábitats para planificar excursións en 2022, e tamén flora, con plantas que siguen en flor grazas ao outono de sol, chuva e temperaturas moderadas, como as tollemerendas (Merendera pyrenaica) que ilustran o cartel da excursión

Máis información sobre o Proxecto Flora da Ulloa

 

Excursión Flora da Ulloa 9ª-2021 Fufín, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn