Excursión botánica ao Monte de Trascastro (Monterroso) 17/10/2020
Guiados por Xurxo Mouriño, coordinador da Sección Ciencias, Medio Ambiente e Educación Ambiental do IEU, o sábado 17 de outubro faremos á que previsiblemente será a última excursión botánica do ano, adiada desde pasados fins de semana pola meteoroloxía adversa. O sábado seica estará bastante cuberto -tras dun venres con bastante sol-, mais a día de hoxe con baixas posibilidades de chuva.
Aparte de rexistrar a flora que detectemos, principalmente nas penedías de xisto, exploraremos a localización do castro próximo e o estado dunha superficie bastante grande que mantén arborado autóctono.
Por mor das novas limitacións polo COVID-19, seremos estritos co máximo de 10 persoas
