Excursión botánica ao monte e pastizal de Facha (Antas de Ulla) 24/7/2022
O domingo 24 de xullo pola mañá o biologo Xurxo Mouriño, promotor e coordinador do proxecto Flora da Ulloa, retomará as excursións botánicas coa visita anunciada ao monte e pastizais de Facha, cos ollos postos nunha posible braña e nos anacos de bosque autóctono que restan nesa zona, unha das que aparentemente presentan vexetación natural máis degradada na Ulloa.