Excursión botánica ao Monte e ribeira do Irixe (Monterroso) 15/5/2022
O domingo 15 de maio o IEU anuncia unha nova excursión botánica, organizada e guiada polo biólogo Xurxo Mouriño, desta volta novamente polo Irixe, na extrema oriental ulloá. Trátase dunha zona xa visitada en excursións anos anteriores, pero que sempre depara moitas sorpresas e rincóns fermosos.
Agardamos ver en flor e confirmar a presenza do allo bravo Allium scorzonerifolium (a planta da foto do cartel) e outras moitas de diversas formas, cores e arrecendos.