Excursión botánica ao monte e ribeira do Irixe (Monterroso) 23-4-2023
O domingo 23 de abril o biólogo Xurxo Mouriño, coordinador do programa Flora da Ulloa, organizará unha nova excusión botánica a Irixe, zona que nos leva deparado importantes sorpresas botánicas, como o fento que ilustra o cartel.Camiñarase na contorna da mina, no monte e tamén na ribeira do río Irixe, afluente do Ferreira, e, por tanto, do Miño.