Excursión botánica ao nacemento do río Ulla (Olveda, Antas de Ulla) 4-6-2023

    O domingo 4 de xuño o IEU, nunha nova excursión botánica organizada polo biólogo Xurxo Mouriño (a 9ª do ano 2023), visitará o nacemento do Ulla para prospectar os prados e as chousas da Poteira, arredor do nacemento do noso querido río Ulla. Moitas destas chousas están colonizadas agora por biduais novos, bosques secundarios que preceden á recolonización das carballeiras, pero tamén hai bosques máis maduros con carballos, acivros, arandeiras e… todo o que se vaia encontrando.
Excursión Flora da Ulloa 9ª 2023, 4-6-2023, Nacemento do Ulla, Instituto de Estudos Ulloáns
ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn