Excursión botánica ao Rego de Laia (Palas de Rei) 10/9/2023
O domingo 10 de setembro o biólogo e consultor medioambiental Xurxo Mouriño organiza unha nova excursión botánica ás ribeiras e chousas do rego de Laia, afluente do río Pambre.
Trátase dunha zona que non temos prospectado antes e da que non existe (ou non coñecemos) información botánica previa, polo que a excursión ten certa dose de aventura. Si sabemos que conta con boas superficies de arboredo autóctono.
