Excursión botánica ao rego e agros de Milleirós (Monterroso) 8/10/2023
O domingo 8 de outubro, o biólogo e consultor medioambiental Xurxo Mouriño trasladaranos a extrema entre os vales do Ulla e do Miño, na parroquia monterrosina de Milleirós, para coñecer unha das nacentes do Alto Ulla.
Nesta excursíón botánica do proxecto Flora da Ulloa, nº 14 no ano 2023, esperamos atopar algúns fragmentos de brañas, que acollen os hábitats naturais máis ameazados de desaparición da Ulloa, principalmente a causa do abandono da gandeiría tradicional e das drenaxes derivadas dos usos gandeiros intensivos e dalgúns cultivos forestais de eucaliptos.
