Excursión botánica ao río das Gándaras e ao Careón (Palas de Rei) 7/5/2023
O domingo 7 de maio teremos unha nova excursión do proxecto Flora da Ulloa organizada polo biólogo e consultor medioambiental Xurxo Mouriño, nesta ocasión polo río das Gándaras, desde a súa conexión co río Pambre até cerca do seu nacimento no Hospital das Seixas.
Trátase da zona de maior diversidade de flora forestal da Ulloa, con especies pouco comúns, mesmo no contexto galego e ibérico, e con restos de bosques mixtos dominados por freixos e abelairas, únicos na Ulloa e moi raros fóra das montañas orientais e setentrionais de Galicia. Remontarase a ribeira do río desde A Devesa Nova, con incerteza da existencia de camiños.
