Excursión botánica aos Montes de Sta Cristina de Areas (Antas de Ulla) 2/4/2023
O domingo 2 de abril o consultor medioambiental Xurxo Mouriño invítanos á 5ª excursión botánica do Proxecto Flora da Ulloa de 2023.
Camiñaremos con ollos botánicos pola parroquia de Santa Cristina de Areas, no limite suroeste da Ulloa, desde a linde co concello de Rodeiro até as chousas de Bellós, por unha paisaxe propia da Ulloa, aínda bastante a salvo da terrible eucaliptización.
Probablemente encontraremos arandeiras, prontas a florecer.