Excursión botánica ás brañas arredor de Ligonde (22/8/2021)
O domingo 22 de agosto terá lugar a 8ª excursión botánica de 2021 do proxecto Flora da Ulla, organizada polo biólogo Xurxo Mouriño, coordinador deste proxecto e da sección de Ciencias, Medio ambiente e Educación ambiental do Instituto de Estudos Ulloáns.
Nesta 8ª excursión botánica do ano percorreranse os arredores de Ligonde (Monterroso) para prospectar dúas brañas xa localizadas e procurar algunha outra. A flor da foto do cartel é Parnassia palustris, que se pode ver na zona, por agora o único sitio da Ulloa onde a temos localizada.
Máis información sobre o Proxecto Flora da Ulloa