Excursión botánica ás brañas da serra do Careón (30/8/2020)
Despois da exitosa excursión do pasado domingo 16 pola ribeira do Ulla na que se encontrou un importante núcleo da ameazada Scrophularia herminii), para o próximo domingo 30 de agosto voltarase ao monte coa ansia de procurar e identificar plantas polas brañas da Serra do Careón e o seu contorno.
Á mañá visitarase a braña do Puxeiro, lindante con Friol e Toques, onde poderese ver plantas raras na Ulloa e tamén en Galicia, como unha especie de toxo das brañas (Genista berberidea, exclusiva da Galicia atlántica e norte de Portugal) ou a pimpinela maior (Sanguisorba officinalis).
Á tarde será máis aventureira e exploratoria, buscando lugares brañentos pola zona central da serra e polo contorno das aldeas de Dorra, Ermita, Émora e Labagueira (parroquia de Cuíña).