Excursión botánica ás brañas e ribeiras de Ligonde (Monterroso) 9/10/2022
Con outubro retómanse as excursións botánicas do proxecto Flora da Ulloa organizadas polo biólogo e consultor ambiental Xurxo Mouriño.
O domingo 9 de outubro seguirase prospectando a comarca e visitaranse varios lugares da parroquia de Ligonde, xa na bacía hidrográfica do Miño, onde se encontran as mellores brañas que temos topado até agora na Ulloa.
Na foto de cartel, Succisa pratensis, planta de floración outonal, propia de brañas e prados húmidos, só aparece moi localmente na Ulloa.