Excursión botánica á Costa do Batán e rego da Chancela (Ramil, Palas de Rei) 29/5/2022

O domingo 29 de maio, organizada polo biólogo e consultor ambiental Xurxo Mouriño, terá lugar a 9ª excursión de 2022 do proxecto Flora da Ulloa. Visitarase a extrema leste da zona serpentinítica do centro de Galicia, unha das zonas de maior interese natural da Ulloa e sobre a que pesa a ameaza de instalación dunha industria da celulosa. Coñeceremos de primeira man as xoias botánicas ulloáns, plantas únicas no mundo que se especializaron nesta illa xeolóxica, e outras moi raras en Galicia pola escaseza deste tipo de afloramentos rochosos e doutros tipos de substratos alcalinos no país.
Excursión Flora da Ulloa 9ª-2022, Costa do Batán e Rego da Chancela
ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn