Excursión botánica ás ladeiras do Careón (Carballal e Moredo, Palas de Rei) (8/8/2021)
O domingo 8 de agosto, Xurxo Mouriño, coordinador do proxecto Flora da Ulloa, organiza a 7ª excursión botánica pola Ulloa no ano 2021, aberta a todo o público interesado en botánica pero con preferencia dos socios/as do Instituto de Estudos Ulloáns.
Durante a mañá do domingo percorreranse as ladeiras da serra do Careón en Carballal e Moredo (Palas de Rei), e pola tarde, que quera ficar , tratarase de chegar a unhas presuntas turbeiras na ladeira da serra, descendo entre a matogueira desde os muíños eólicos.