Excursión botánica a Pol e San Miguel de Penas (Monterroso) 19/6/2022
O domingo 19 de xuño de 2022 o biñologo e consultor ambiental Xurxo Mouriño organiza, dentro do proxecto Flora da Ulloa, unha excursión botánica ás Penas de Pol e aos montes de S.Miguel de Penas, na serra da Vacaloura. Caracterízase a zona por uns afiados afloramentos de xistos, que teñen asociada unha flora peculiar.