O domingo 16 de agosto realizarase a terceira excursión botánica do proxecto Flora da Ulloa en 2020, organizada polo biólogo Xurxo Mouriño, coordinador do proxecto.
Nesta ocasión percorrerase a ribeira do Ulla, entre os muiños do Corgo e do Coto, na procura de Scrophularia herminii.
