Excursión botánica pola Ribeira do Ulla (6/2/2022)
Os días van crecendo e as primeira flores do ano agroman. O proxecto Flora da Ulloa, para coñecer e catalogar as plantas vasculares da Ulloa, retoma actividade o domingo 6 de febreiro cunha excursión polo río Ulla, aguas arriba da Peneda, organizada e guiada polo biólogo Xurxo Mouriño.
Na Peneda existe unha importante poboación do narciso Narcissus cyclamineus (ver foto do cartel), protexido a nivel europeo e polo Catálogo galego de especies amezadas da Xunta de Galicia, aínda que en todo o mundo só se encontre de forma espontánea no oeste de Galicia e norte de Portugal. De feito, a poboación da Peneda, xunto ao do río Ferreira, marca o limite oriental da súa distribución coñecida a día de hoxe.
Este narciso xa está en flor e procurarémolo aguas arriba, á vez que detectamos outras especies de plantas, entre as 10h e aprox. 14:30h. Importante traer boas botas para zonas enchoupadas, aínda que este outono-inverno aínda chovese pouco.