Excursión botánica á ribeira do Irixe (Marzán, Monterroso) 15-8-2023
Tras dous meses de pausa, o biólogo e consultor medioambiental Xurxo Mouriño retoma as excursións de Flora da Ulloa, nesta ocasión en martes 15 de gosto, polas ribeiras do río Irixe en Marzán, onde está citado unha árbore autóctona moi escasa en Galicia e na Ulloa; un lamagueiro, Populus tremula, chamado “álamo temblón” en castelán.
Doutras excursións polo río Irixe, sabemos que conserva unha interesante flora forestal e que habitualmente depara sorpresas.