Excursión botánica á Ribeira do Pambre (20/2/2022)
Mentres a floración avanza de vagariño, o domingo 20 de febreiro continuaremos coas excursións botánicas do proxecto Flora da Ulloa, organizadas polo biólogo Xurxo Mouriño, prospectando as ribeiras do Pambre entre o castelo e San Breixo. Un tramo de río bastante ben conservado e cunha flora forestal moi interesante.
