Excursión botánica á Ribeira do Pambre (Sambreixo e Pambre, Palas de Rei) 25/6/2022
Para a fin de semana do 25 de xuño de 2022, o sábado á tarde, o biologo Xurxo Mouriño, dentro do proxecto Flora da Ulloa, invítanos a unha prospección botánica pola ribeira do Pambre, con vexetación bastante ben conservada e cunha rica flora de bosques e campos.
Entre outras plantas, agárdase encontrar Ornithoghalum pyrenaicum (fotografía do cartel), aínda non confirmado até a data na Ulloa.